Amosando publicacións coa etiqueta pre-partido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pre-partido. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2015

IV ROLDA - CAMPIONATO IBÉRICO - A CORUÑA.


Este sábado o Pontevedra FG disputará a IV rolda do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico na cidade da Coruña. Tratarase dun campionato moi especial para o club xa que por primeira vez serán tres os equipos que representarán o Pontevedra Fútbol Gaélico.

O equipo feminino enfrontarase na fase de grupos ao Madrid Harps e ao Estrela Vermelha nun grupo moi complicado no que as pontevedresas tentarás dar a sorpresa.



Por outra banda, o Pontevedra FG masculino terá como rivais de grupo aos Irmandinhos da Estrada e ao Keltoi Vigo.

Por último o filial masculino, o Sean Droichead, disputará os seus partidos fronte o Estrela Vermelha e os anfitrións Fillos de Breogán.



Todo listo para gozar dunha nova festa do fútbol gaélico galego.

Adiante guerreir@s, LUME!


xoves, 16 de abril de 2015

3ª RONDA – TORNEO IBÉRICO DE FÚTBOL GAÉLICO – BARCELONA


O equipo masculino do Pontevedra FG partirá este venres cara terras catalás para disputar en Barcelona, durante o día do sábado, a terceira ronda do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico. 

Cabe destacar que se trata do maior desprazamento da historia do club, e que se ben disputou outras rondas do mesmo torneo, nunca o fixo a tanta distancia da súa cidade. O que se cadra, outorga unha maior importancia a este evento.

Os oito equipos participantes son divididos en dous grupos de catro, dos cales só os dous primeiros clasificados avanzan á seguinte ronda. Nesa fase de grupos os pontevedreses enfrontaranse aos anfitrións, os Barcelona Gaels, aos Irmandinhos da Estrada, e aos Sitges Eagles. Sen dúbida, un complexo grupo no que os da Cidade Condal e os da Estrada parten coma favoritos, mais no que o Pontevedra non porás as cousas fáciles.

Para o PFG o mero feito de poder participar é xa un éxito coma club, tendo en conta especialmente os poucos ingresos e axudas cos que se contan, provocando que os gastos de viaxe e participación neste tipo de eventos deban ser aboados case exclusivamente polos propios xogadores. Aínda así, a ilusión e máxima de cara a facer un bo torneo.

LUME!

xoves, 26 de marzo de 2015

CAMPIONATO IBÉRICO DE A ESTRADA.


E agora si, logo de deixar atrás a xornada ligueira entre semana, os equipos do Pontevedra FG céntrase xa, exclusivamente, no próximo compromiso. Nin máis nin menos que o Campionato Ibérico que este sábado 28 de marzo se disputa na Estrada.

Clubes vidos desde todos os puntos da Península non porán nin moito menos doadas as cousas a un Pontevedra que, no caso masculino, ven de dar unha boa imaxe en Vigo, e no caso feminino, que debuto nun torneo destas características.

No cadro masculino, o PFG enfrontarase na fase de grupos ao Barcelona Gaels e ao Mecos FG. Pola contra, no cadro feminino, as de pontevedra enfrontaranse ás anfitrioas de Irmandinhas, ás Filhas de Breogán e ás Mecas de O grove.

Para o Pontevedra FG é un paso importantísimo para asentar definitiva e especialmente ao equipo feminino, que xa disputa por primeira vez a Liga Galega, e que competirá tamén por vez primeira neste tipo de campionato.

Tratarase ademais, e coma sempre, dunha nova festa do fútbol gaélico galego, ao ser precisamente os clubes galegos ampla maioría neste campionato e continuar a crecer o formarse novos equipos en moitas vilas do país.

LUME!

venres, 13 de marzo de 2015

UVIGO - PFG, MÉRCORES 25 ÁS 22:00


Xa temos data e hora para o crucial partido que enfrontará aos nosos rapaces fronte aos debutantes do UVigo FG. Será o mércores 25 de Marzo, ás 22:00 hora, no Campo de Cerqueirás, na localidade pontevedresa de Mos.

Os da cidade do Lérez afrontarán o partido, tras un parón de varias semanas, coa idea de alonxarse definitivamente dos postos perigosos da clasificación e, ademais, como preparación para o Campionato Ibérico que esa mesma fin de semana disputarán na Estrada.

#Lume, e a por eles!

mércores, 15 de outubro de 2014

HORARIOS PONTEVEDRA FG - BRAITHREACHAS


Este sábado desputaremos a 2ª xornada da Liga Galega, ao non dispor de campo na cidade, xogaremos no exilio un ano máis.

Será no Campo de Racelo, no Concello da Lama (agradecer tanto ao Concello coma a A Lama SD que nos permitan xogar alí), e os horarios serán os seguintes:

- Feminino: Pontevedra FG - Braithreachas, ás 19:30h.
- Masculino: Pontevedra FG - Braithreachas, ás 20:30h.

luns, 6 de outubro de 2014

PRIMEIRA XORNADA: ESTRELA VERMELHA - PONTEVEDRA FG


Despois da enorme actuación das seleccións galegas fronte á Irlanda, toca voltar á competición doméstica. E que mellor forma de comezar a liga, que contra os actuais campións: o Estrela Vermelha.

Os partidos desputaranse o domingo 12 de outubro, no campo do Sergas. Ás 18:00 será o feminino, e ás 19:30 o masculino.

mércores, 17 de setembro de 2014

I TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA


Este sábado desputarase a primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol Gaélico. Este amigábel servirá como presentación do Pontevedra FG ante os seus siareiros, a poucas semanas do comezo da Liga Galega, na que os da cidade do Lérez tentarán mellorar o 5ª posto da tempada pasada.

xoves, 11 de setembro de 2014

CONVOCATORIA CAMPIONATO EUROPEO



Á CONQUISTA DE EUROPA!


Este venres partirá xa cara Madrid a expedición pontevedresa cun claro obxectivo: aprender dos mellores. Chega o Campionato Europeo nun momento ideal, tras un mes de duro traballo físico e de preparación para a Liga Galega, para saber en que estado se atopa o equipo e a que debe aspirar este ano.