Mecos FG 4-12 (24) - 0-9 (9) Pontevedra FG
O Pontevedra FG non puido, na tarde do sábado, acadar a vitoria fronte ao Mecos FG no campo de fútbol Monte da Vila, deixando escapar así a oportunidade de empatar a puntos na táboa coa equipa local.
A equipa verde pagou, nunha igualada segunda metade na que se mostrou mesmo superior aos locais, os erros da primeira parte, que o Mecos FG soubo aproveitar para distanciarse considerabelmente no marcador.
Toca levantarse mais unha vez, e pensar no vindeiro xogo fronte ao Fillos de Breogán, que será desputado o sábado 15 de marzo no Campo do carrasco, en Marcón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario