luns, 16 de xuño de 2014

5º CLASIFICADOS NA COPA GALEGA

Sabor agridoce, así se podería definir o pensamento da maioría dos nosos xogadores ao remate da copa. Agridoce porque alén de conseguir o obxectivo mínimo plantexado polo clube (quedar entre os 5 primeiros clasificados), o Pontevedra FG estivo a piques de alcanzar a semifinal e, porque non, soñar con fazer algo grande.


Comenzaba o campionato de forma desastrosa, cun xogo moi malo contra o Estrela Vermelha, que pasou por riba dos de Pontevedra e foi tremendamente superior de comezo a fin.

O seguinte partido, unha vitoria pola mínima, acadada con un gol no último segundo fronte aos debutantes do Compostela. Un partido no que o Pontevedra FG mostrábase superior desde o comezo, mais que dous erros en apenas un minuto casi os deixa fora de toda posibilidade de seguir loitando polo título.

O derradeiro partido do grupo, no que quen obtivese a vitoria pasaba ás semifinais, foi fronte aos Mecos (xa se está a converter en todo un clásico este encontro). O xogo foi trepidante, tremendamente igualado, coas dúas equipas buscando constantemente a portaría rival. Houbo de todo, tiros ao poste, polémica, tensión, emoción... e unha derradeira xogada do encontro con todo o Pontevedra ao remate (literalmente) que sacou a defensa do Grove in extremis. Ao fin, vitoria pola mínima dos Mecos, e o Pontevedra que quedaba sen opcións mais que de optar ao quinto posto.

Quinto posto que se acadaría tras vencer aos Ártabros nunha tanda de penaltis.

Pola nosa parte, ponse fin a unha tempada de aprendizaxe, onde a mellora foi palpábel en cada un dos xogadores. Agora toca descansar, coller folgos, e voltar a por todas a vindeira campaña.

Alén diso, queremos parabenizar aos Irmandinhos pola gran organización desta Copa Galega, que nunca é doado; ao Estrela Vermelha por acadar a vitoria e pola tempada en xeral, un doblete historico; ás Irmandinhas, campionas da copa feminina; e ao Compostela FG, debutantes máis que dignos e serios rivais, vémonos o ano que ben.

VIVA O FUTBOL GAÉLICO GALEGO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario