Clara, contundente e sen dar lugar á dúbida. Así foron as victorias das nosas seleccións o pasado sábado no campo da Baiuca.
Primeiro, a selección feminina impúñase 13-18 (57) - 2-6 (12) á madrileña, nun encontro dominado de principio a fin polas galegas, e cunha destacábel actuación da nosa xogadora, Alejandra, que anotou varios tantos. Agardemos poida desputar xa este ano a Liga Galega có Pontevedra FG, que está a piques de botar a andar.
Tras a victoria das rapazas, eles non se quedarían atrás. A selección masculina vencía ao combinado madrileño 11-11 (44) - 2-13 (19), mostrándose superiores en todo momento e tendo sempre o partido baixo control. Boa actuación, tamén nesta ocasións, dos nosos xogadores. Luisma, Mouco e Loira tiveron boa parte de culpa do gran partido da selección galega.
A nivel de clube, un paso máis na constancia e no traballo. O PFG segue mellorando, e isto supón ademais, a unha semana de comezar oficialmente a pretempada, o arreón moral definitivo para saír a por todas este ano.
Lume!

Ningún comentario:
Publicar un comentario