xoves, 11 de setembro de 2014

Á CONQUISTA DE EUROPA!


Este venres partirá xa cara Madrid a expedición pontevedresa cun claro obxectivo: aprender dos mellores. Chega o Campionato Europeo nun momento ideal, tras un mes de duro traballo físico e de preparación para a Liga Galega, para saber en que estado se atopa o equipo e a que debe aspirar este ano.


A ilusión e sobre todo as gañas de aprender son máximas en cada un dos xogadores, e é que non todos os días se xoga contra os mellores clubes de Europa.

O Pontevedra Fútbol Gaélico queda encadrado nun complicado grupo con Lorient GAC, Irmandinhos e Madrid Harps, onde tentará dar a sorpresa e desfrutar do momento xa que nada ten que perder.

Á conquista de Europa!

Lume!

Ningún comentario:

Publicar un comentario