mércores, 17 de setembro de 2014

I TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA


Este sábado desputarase a primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol Gaélico. Este amigábel servirá como presentación do Pontevedra FG ante os seus siareiros, a poucas semanas do comezo da Liga Galega, na que os da cidade do Lérez tentarán mellorar o 5ª posto da tempada pasada.


Como rival do trofeo, que agardemos que có tempo se converta nun trofeo histórico do fútbol gaélico galego; un clube xa clásico, un dos primeiros clubes galegos, e un dos clubes máis potentes da Liga Galega, os Irmandinhos, que tentarán levar para A Estrada esta primeira edición do trofeo pontevedrés.

Antes, para abrir boca, desputarase un partido de exibición con algunhas das futuras integrantes do Pontevedra FG feminino (xa nos falta pouco para formar esta sección) e as Irmandinhas.

Todo será a partires das 20:00 horas, no campo de herba sintética A Xunqueira II. Acode se queres disfrutar do deporte puramente amateur e de valores coma o compañeirismo, a solidariedade, o respecto ao rival e ao árbitro... xa case perdidos no deporte profesional.

Ademáis, xa estarán dispoñíbeis os cartóns de socio para aquelas persoas que queiran colaborar connosco, así como estará á venda o noso material oficial para quen esté interesado en facerse con el.

Lembra, a partires das 20h na Xunqueira II. 

Lume!

Ningún comentario:

Publicar un comentario