domingo, 9 de marzo de 2014

9/3/13 - 9/3/14, 1º ANIVERSARIO

Poucos daquel pequeno grupo de rapaces que un 9 de Marzo de 2013 fundaba este clube, podían sequer imaxinar que só un ano despois, o seu proxecto estivera máis que consolidado, có clube competindo na Liga Galega, na futura Copa Galega e probabelmente nalgunha xornada do Campionato Ibérico...


Pero non foi doado, moitos obstáculos foron superados e moitos foron tamén os golpes recibidos. Problemas coas administracións locais para conseguir un campo de adestramento, verse obrigados a deputar os xogos fora da cidade, financiamento... fóronse superando pouco a pouco, apenas con traballo e ilusión.

Un ano despois aquí estamos, collendo pouco a pouco presenza na cidade, aumentando pouco a pouco a nosa masa social, e mellorando pouco a pouco para recortar distancia coas demais equipas e, porque non, soñar con algo máis grande en pouco tempo.

UN ANO DE HISTORIA... E OS QUE QUEDAN!

LUME!




Ningún comentario:

Publicar un comentario