Esta fin de semana cumprimos o noso primeiro ano de vida. Sangue e suor custou sacar adiante este proxecto, mais aquí estamos, contra vento e marea!
Para festexar o noso primeiro aniversario, comezaremos ás 20:00 cunha proxección da final do All-Ireland do ano 2011 que enfrentou a Dublin e Kerry, un auténtico partidazo para quentar motores, e despediremos a noite cunha festa rachada no CS Revira con música galega e irlandesa, comida e bebida a prezos populares, e moitas surpresas máis!
LUME!

Ningún comentario:
Publicar un comentario