xoves, 20 de marzo de 2014

ESTRELA VERMELHA - PONTEVEDRA FG, DOMINGO 19:15


Este domingo 23 de Marzo, despútase en Compostela a novena xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico. O xogo enfrontará ao Estrela Vermelha fronte ao Pontevedra FG, será ás 19:15 horas na capital galega.

O partido preséntase cun Estrela Vermelha que depende de si propio para gañar a liga, mais que non pode permitirse un erro fronte aos de Pontevedra para chegar coma líderes á derradeira xornada.

Por outra banda, o Pontevedra FG, xa asentado, tentará repetir as boas sensacións que deixou na anterior xornada fronte aos Fillos de Breogán, para despedir a liga coa cabeza ben alta e dispostos a competir de ti a ti có resto nas vindeiras competicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario