martes, 25 de marzo de 2014

DERROTA EN COMPOSTELA NA DERRADEIRA XORNADA

Estrela Vermelha 7-9 (30) - 3-6 (15) Pontevedra FG

O Pontevedra FG fecha a Liga Galega cunha derrota ante o Estrela Vermelha na derradeira xornada. E iso que non comezou nada mal o xogo para os de Pontevedra, que se adiantaron rapidamente no marcador, e que tiveron a situación baixo control nos primeiros 15 minutos.



A partir de aí, un par de erros en defensa, supuxeron dous goles dos santiagueses, un duro golpe para un Pontevedra FG que xa iría a remolque o resto do partido.

Toca levantarse e aprender dos erros. A vindeira cita será na xornada do Campionato Ibérico que se desputará na Coruña o 5 de abril.

A seguir medrando. LUME!

Ningún comentario:

Publicar un comentario