domingo, 27 de xullo de 2014

TERCEIROS CLASIFICADOS NO I TORNEO DE FÚTBOL GAÉLICO PRAIA DA LANZADA


Contra todo pronóstico, entre máis de 16 equipas e con máis de 130 xogadores, o Pontevedra FG rematou este I Torneo da Lanzada en terceira posición.


Encadrados nun difícil grupo, o PFG pasaría de ronda como 2º clasificado tras derrotar aos Irmandinhos 30's no primeiro partido, perder pola mínima fronte aos Estrelados Vermelhos no segundo, e vencer de novo no terceiro ante Os Catro De Sempre. Nos cuartos de final, un duro óso que presentaría menos dificultades das previstas nun primeiro momento, o Fanecaso FG, ao que se derrotaría por 0-5 - 0-1. Nas semifinais, tras un día de calor abafante e con moito cansancio acumulado, chegaría o tropezo que alonxaría aos de Pontevedra da loita polo título.

Finalmente, faríase xustiza ao bó traballo realizado, e tras derrotar nunha agónica quenda de penaltis aos Estrelados Vermelhos, o Pontevedra FG facíase có terceiro posto, e así có primeiro trofeo da curta historia deste gran clube, que xa reloce nas vitrinas da nosa sede.

Por outra banda, a outra equipa presentada en representación do clube, os Piratas do Lérez, non foi quen de superar a primeira ronda, ao non poder vencer nun complicadísimo grupo. Aínda así, moi bó traballo e boa dinámica, a preparación continúa polo bó camiño.

Por último, non podemos fechar esta crónica sen parabenizar á organización do torneo, por un trato fantástico e por ter todo controlado, e por facer que centos de persoas se achegaran curiosas a desfrutar deste deporte que cada día é máis grande; e a todas e todos os participantes. Isto segue a medrar.

LUME!


Ningún comentario:

Publicar un comentario