xoves, 24 de xullo de 2014

TRES XOGADORES E UNHA XOGADORA DO PONTEVEDRA FG, CONVOCADOS COAS SELECCIÓNS GALEGAS

Con ilusión agardabamos as convocatorias para os partidos que as seleccións galegas desputarán fronte a Madrid o vindeiro 9 de agosto ,no campo de A Baiuca na Estrada, e deparounos unha grande alegría.


Tres xogadores (Luisma, Loira e Mouco) foron convocados coa selección masculina, namentres que unha xogadora (Alejandra) foi convocada coa selección feminina.

Isto é para nós un premio ao bó traballo realizado este ano, que foi moi complexo e duro, mais que serviu para mellorar tremendamente. O traballo duro trae sempre bós resultados.

Parabéns aos nosos convocados, ánimo e sorte.

LUME!

Ningún comentario:

Publicar un comentario