xoves, 3 de abril de 2014

LISTOS PARA DAR A SORPRESA


Este sábado 5 de abril desputarase na Coruña a 2ª rolda do Campionato Ibérico, sen dúbida, a cita máis importante da historia deste pequeno clube.


Dúas equipas xogarán en representación da cidade de Pontevedra, o propio Pontevedra FG, e o Sean Droichead, que actuará coma filial do primeiro.

Os ánimos, a ilusión e as gañas de aprender están polas nubes na equipa verde, consciente da importancia que ten para o propio clube, para a cidade e para toda Galiza a participación neste torneo.

O sorteo deparou que o Pontevedra FG enfróntese na fase de grupos ao Valencia St. Vicent, ao Irmandinhos da Estrada, e aos Braithreachas.

Por outra banda, o Sean Droichead enfrontarase ao Barcelona Gaels, aos Fillos de Breogán da Coruña, e ao Estrela Vermelha.

Todo está listo xa para a gran festa do fútbol gaélico galego. 

LUME!

Ningún comentario:

Publicar un comentario